• ESTATUTOS DO “club Kenpo Riveira” 

 





CAPÍTULO I



NORMAS XERAIS

 

 

Artigo 1.- O “Club Kenpo Riveira” é unha Asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas, que ten como obxecto exclusivo ou principal a práctica da actividade física e deportiva polos asociados, así como a participación en actividades e competicións oficiais, sen ánimo de lucro.

 

Artigo 2.- O “Club Kenpo Riveira” practicará como principal modalidade deportiva a de Loita, e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, de conformidade coa Lei Xeral do Deporte de Galicia.

 

     O ”Club Kenpo Riveira” practicará así mesmo as modalidades deportivas de Kenpo, Kung-fu, Karate, Taekwondo, FullContact, KickBoxing e Defensa Persoal, Fitness, Culturismo e para tal fin funcionarán as seccións deportivas correspondentes, sen prexuízo de que a Asemblea Xeral poida acordar a creación doutras.

 

Artigo 3.- O domicilio Social fíxase na calle, Miguel Rodriguez Bautista, 46 baixo, do Concello de Santa Uxia de Riveira 15960, provincia de A Coruña, teléfono 981870508, fax 981.872832, correo electrónico:   josecardalda@gimnasiocardalda.com

 

O/A Presidente/a, cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.

 

En ambos os casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá de ser notificado aos socios, e ao Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.

 

 

                                                  1

 

   

CAPÍTULO II

 

CLASES DE SOCIOS, ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGACIÓNS

 

Artigo 4.- O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforo ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número, honorarios, aspirantes e familiares.

 

Artigo 5.- Son socios de número todas as persoas maiores de idade que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral.

Os menores de 18 anos clasificaranse como socios aspirantes, tendo dereito ao uso das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente a ser socios de número ao cumpriren a maioría de idade.

 

Serán socios honorarios aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de preferencia nos actos oficiais da sociedade.

 

Son socios familiares todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio.


 

Artigo 6.-

 

1.- Os socios de número terán os seguintes dereitos:

           a) Contribuír ao cumprimento dos fins específicos da asociación.

            b) Esixir que a Asociación se axuste ao disposto na normativa autonómica deportiva e ao establecido no presente Estatuto.

            c) Separarse libremente da Asociación .

            d) Coñecer as actividades da Asociación e examinar a súa documentación, previa petición razoada ao/á Presidente/a.

            e) Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.

            f) Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.

 

2.- Son obrigacións dos socios de número:

           a) Aboar as cotas que esixa a Asemblea Xeral.

            b) Contribuír ao sostemento e difusión do deporte ou modalidades deportivas.

           c) Acatar cantas disposicións dicte a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva ou o/a Presidente/a, para o bo goberno da sociedade.

 

3.- Os socios aspirantes terán dereito a aproveitarse dos servizos e instalacións sociais da Asociación.

 

4.- Os familiares dos socios de número terán dereito a aproveitarse daqueles servizos e instalacións que se determinen, previo pago da cota fixada.

 

                                                   2

 

  

Artigo 7.- Para ser admitido como socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:

  • Ter a idade sinalada para cada unha delas.
  • Solicitude por escrito dirixida ao/á Presidente/a.
  • Satisfacer a cota de ingreso correspondente.

 

 

 

Artigo 8.- A condición de socio pérdese:

  • Por vontade propia.
  • Por falta de pago das cotas sociais durante tres meses consecutivos, previo requerimento de pago, e consecuente Resolución do/a Presidente/a.
  • Por acordo, no seu caso, do/a Presidente/a, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia do interesado, que haberá de ser ratificado na primeira asemblea xeral que se celebre.
  • Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

 

  

CAPÍTULO III

 

ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO

 

 

Artigo 9.- Son órganos de representación e goberno do Club a Asemblea Xeral e o/a Presidente/a.

 

 

Artigo 10.- O/A Presidente/a é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal, convoca e preside os órganos de representación e goberno, executando os acordos destes.

   O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa interposta.

     Será elixido mediante sufraxio libre, directo, o igual e secreto por e entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.

 

 

Artigo 11.- O/A Presidente/a cesará por:

a) Transcorrer o prazo polo que foi elixido/a.

b) Demisión.

c) Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.

e) Inhabilitación por sentencia xudicial firme ou sanción deportiva.

 

                                      3

 

 

Artigo 12.-

 

1.- Como órgano complementario dos de goberno e representación haberá unha Xunta Directiva que actuará como órgano colexiado de xestión do Club, e exercerá as funcións que este estatuto lle confire.

 

2.- Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente polo presidente, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formarán parte un secretario e un tesoureiro. Todos os cargos serán gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos ou persoa interposta.

 

 

Artigo 13.-     

 

1.- A Xunta Directiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros, e, en todo caso, do/a Presidente/a.

 

2.- A Xunta Directiva convocarase polo/a Presidente/a con dous días de antelación como mínimo á data de celebración.

A Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída cando estean presentes todos os seus membros, aínda que non tivese mediado convocatoria previa.

 

3.- En especial corresponde á Xunta Directiva:

a) Dirixir a xestión do Club, velando polo cumprimento do seu obxecto social.

b) Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación                  da Asemblea Xeral.

c) Aplicar todas as medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do Club.

 

 

Artigo 14.-O/A Secretario/a da Xunta Directiva coidará do arquivo e da documentación, redactará cantos documentos afecten á marcha administrativa da Asociación e levará o Libro de rexistro de socios e o Libro de Actas.

 

 

Artigo 15.-

 

1.- O/A Tesoureiro/a da Xunta Directiva será o depositario da Asociación, asinará os recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabilidade.

 

2.- Será obriga do/a Tesoureiro/a formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en coñecemento de todos os asociados.  

                         

                                                  4

  

Artigo 16.-

 

1.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno do Club e estará integrada por todos os seus socios de número.

 

2.- As Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela, presentes ou representados, a maioría dos seus asociados. En segunda e última convocatoria, media hora más tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán de mediar, como mínimo, dez días naturais e non poderá transcorrer máis de 20.

 

 

 

Artigo 17.-A Asemblea Xeral convocarase polo/a Presidente/a a iniciativa propia ou do vintecinco por cento, polo menos, dos socios de número.

 

1.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do/a Presidente/a, polo menos unha vez ao ano para tratar das seguintes cuestións:

            a) Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede.

            b) Presuposto para o seguinte exercicio.

            c) Proxecto e propostas do/a Presidente/a ou da Xunta Directiva.

            d) Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas polo menos polo cinco por cento dos mesmos.

 

 

 

2.- Terá de se celebrar Asemblea Xeral extraordinaria para a modificación de Estatutos, elección do/a Presidente/a, toma de cartos a préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, alleamento de bens inmobles e fixación de cotas dos socios, e calquera outro acordo previsto nestes estatutos ou que se estime oportuno polo/a Presidente/a ou proceda legalmente.

 

 

Artigo 18.- Os acordos da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva adoptaranse por maioría simple dos presentes, serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen prexuízo, por razón da materia, da posibilidade da súa impugnación perante os órganos competentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

 

                                                   5

 

          CAPÍTULO IV

 

RÉXIME DOCUMENTAL

 

 

Artigo 19.- O réxime documental do Club constará dos seguintes libros: Rexistro de Socios, de Actas e Contables.

 

 

Artigo 20.-No libro de Rexistro de Socios terán que constar os nomes e apelidos dos socios de número, o seu Documento Nacional de Identidade e, no seu caso, os cargos de representación, goberno e administración que exerzan no Club. Tamén se han especificar as datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese nos cargos aludidos.

 

 

Artigo 21.-No libro de Actas consignaranse as reunións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As Actas terán que estar asinadas, en todo caso, polo/a Presidente/a e o/a Secretario/a.

 

 

Artigo 22.- Nos Libros de Contabilidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigacións, e ingresos e gastos do Club, debéndose precisar a procedencia daqueles e a inversión ou destino destes.

 

 

                                     CAPÍTULO V

 

RÉXIME DISCIPLINARIO

 

 

 

Artigo 23.- Os órganos e socios do Club estarán sometidos ao regulamento disciplinario do Club e ao disposto no Título VII da Lei 11/1997 Xeral do Deporte de Galicia e normativa do seu desenvolvemento.

 

 

 

Artigo 24.- Así mesmo, o/a Presidente/a e os membros da Xunta Directiva responderán fronte os socios, o Club ou terceiros dos prexuízos que ocasionaren por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e o Ordenamento Xurídico vixente.

  

                                                  6

 

  

CAPÍTULO VI

 

RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO E PATRIMONIAL

 

 

Artigo 25.-

 

1.- No momento da creación do Club, o patrimonio fundacional é: Ningun, e dispón das seguintes instalacións e locais propios: Ningun

 

2.- No futuro o patrimonio do Club estará integrado por:

a) As aportacións económicas dos socios que aprobe a Asemblea Xeral.

            b) As doazóns e subvencións que reciba.

c) Os resultados económicos que poden producir as manifestacións físico-deportivas que organice a entidade.

d) As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.

 

Queda expresamente excluído como fin do Club o ánimo de lucro e a totalidade de seus ingresos e beneficios aplicaranse ao cumprimento dos seus fins sociais.

 

 

Artigo 26.-O Club poderá gravar e allear bens, mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Que se autoricen tales operacións por maioría de dous tercios dos socios presentes ou representados na Asemblea Xeral Extraordinaria.

2.- Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade ou a actividade físico-deportiva que constitúa o seu obxecto social. Para a adecuada xustificación deste extremo poderase esixir, sempre que o soliciten como mínimo o cinco por cento dos socios de número, o oportuno dictame económico-actuarial.

3.- Cando se trate de gravar ou allear bens, mobles e inmobles, que foran financiados, en todo ou parte, con Fondos Públicos da Comunidade Autónoma, será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.

 

 

Artigo 27.-O Club poderá emitir títulos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, que serán nominativos.

     Os títulos inscribiranse nun libro que levará ó efecto o Club, no que se anotarán as sucesivas transferencias.

     En todos os títulos constará o valor nominal, a data de emisión, e, no seu caso, o interese e prazo de amortización.

 

 

Artigo 28.-Os títulos de débeda só se poderan subscribir polos asociados, e a súa posesión non conferirá dereito algún especial ós socios, agás a percepción dos intereses establecidos conforme á lexislación vixente.

                             

                                                  7

  

 

Artigo 29.-Os títulos de parte alícuota patrimonial han ser, asemade, subscritos polos asociados. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de dividendos ou beneficios.

 

 

Artigo 30.-Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre os que teñan a condición de socios.

 

 

CAPÍTULO VII

 

REFORMA DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DO CLUB

 

 

Artigo 31.-Os presentes Estatutos só se poderán modificar, reformar ou derogar, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto, mediante votación favorable dos dous tercios dos socios de número asistentes.

     A reforma destes estatutos seguirá, con respecto ó Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a súa inscrición.

 

 

Artigo 32.- O Club extinguirase ou disolverase por acordo de:

a) Dos dous tercios dos socios en Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ó efecto.

            b) Por sentencia xudicial.

            c) Por outras causas legalmente determinadas.

En todo caso haberá de ser notificado ao Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.

 

 

Artigo 33.-Disolto o Club, o remanente do seu patrimonio social, se houbese, aplicarase a fins análogos de carácter deportivo, ben por acordo previo da Asemblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.